jueves, 1 de diciembre de 2011

Aniversario

Celebra o teu aniversario

Ademáis  do video  que  xa vos ensinamos noutra entrada  anterior agora ofrecémosvos  algunhas ideas para que na data de celebración do vos aniversario non vos falte detalle ningún. Que o pasedes moi ben e que de hoxe nun ano o volvades celebrar cunha boa festa! 
Esta información aparece no Portal da Xunta na parte  de POLITICA LINGÜÍSTICA:

Prepara a túa festa
Torta de cumpreanos con candeas de cores

Unha festa de aniversario leva o seu traballo. Hai unha serie de cuestións que non deberías de esquecer para que todo saia a rachar:
 - antes de nada, lembra pedirlles permiso aos teus pais
- que día é mellor para celebralo? Un venres á tarde? Un sábado? Pola semana?
- cantas persoas collen na miña casa?
- a quen vou convidar?
- que preparamos de merenda?
- prepara algún xogo divertido para pasar a tarde. Unha idea pode ser argallar xogos tradicionais nos que poidades participar todos, como a corda, a mariola, as chapas, o gato e o rato... tes unha chea deles! Trátase de pasalo o mellor posible.  


Convite
Desde que teñas claro que amigos vas convidar á túa festa, pódeslles enviar un convite co día e mais a hora no que vas celebrar o aniversario.
Así podes estar seguro de que non se van esquecer. Oíches? Que non deixen de confirmarche a súa asistencia! Tes que saber cantos ides ser!
Aquí che propomos un convite moi especial, cos debuxos dos simpáticos Bolechas, que xa coñeces. Abofé que cun convite coma este así non che ha faltar ninguén. Ademais, nel podes poñer todos os datos que lle interesan aos teus amigos:
- o lugar onde se celebra a festa
- a data e a hora da celebración
- o teu teléfono para confirmar a asistencia
- o teu correo electrónico por se che queren comentar algo

       
Canción
Unha das cousas fundamentais que non debe falta en todo aniversario é unha boa torta para servir mentres se canta Parabéns para ti. Se non sabes a letra, velaquí a tes:
Letra para cantar no aniversario

domingo, 20 de noviembre de 2011

O Samaín en Infantil

O Samaín chegou a Educación Infantil...  


As nenas e nenos de 5 anos vestimos á Bruxa “Mel”  e a colocamos na  exposición de cabazas que fomos traendo da casa. Ademais ó longo da semana fomos lendo  arrepiantes contos de medo como 
“A bruxa regañadentes”, “O home do saco”, “A momia”, “O vampiro”, “Lobo feroz”,  “Un pesadelo no meu armario”, “Jack o linterna”…


A nai de Daniel Fernández de 6º A, Eva, quixo vir ó cole a contarnos a historia do Samaín e xunto con Dani contáronnos como se baleiran as cabazas e se deixan accesas diante das casa alá pola zona de Ferrol de onde son eles.


 

Ó longo destes días fixemos pavorosas pantasmas con tea branca,castañas,chinchetas…ou con servilletas e algodón. E tamén unhas simpáticas meigas con culleres de madeira e cos propios conxuros máxicos.


 
E por suposto baleiramos a nosa cabaza axudados polos nenos de 4 anos. Foi un traballo duro pero contamos coa axuda da profe María que tivo maña para abrila. Todos puxemos o noso gran de area para baleirala e decorala con froitos de outono. E por suposto cantamos cantigas de medo e contamos contos de medo mentres as alumeamos…buuuu 

jueves, 27 de octubre de 2011

O Samaín

Máis actividades que nos enviou Miriam, esta vez sobre o Samaín. Facede clic en cada unha das imaxes e verédelas.

sábado, 15 de octubre de 2011

O Magosto

Se facedes click na imaxe podedes descargar unha serie de actividades sobre o magosto do CEIP FOGAR de Carballo que nos enviou a nosa compañeira Miriam.


domingo, 18 de septiembre de 2011

Benvidos e Parabéns para ti.

Comenzamos unha etapa  con moita ilusión  e  esperamos  que  vos  guste  o blog  .Iremos  poñendo  todos  aqueles  traballos  que  nos fagades  chegar e todo aquelo que  atopemos que  pensemos que poida ser  de interese.
Para  comenzar  aqui  tedes  a  canción  de  Aniversario   con varias  versións  e   escoller  a  que mais  vos  guste .

 Video  de  "PARABENS PARA  TI"
                                                                                         
     


-Se  queres  so   escoitar  a  canción  fai click  aquí: "PARABENS  PARA  TI"