lunes, 22 de octubre de 2012

Un conto de bruxas para Samaín :"A bruxa regañadentes"

E  se queredes pasar un pouco de medo aquí  tedes un conto con bruxas , algo moi axeitado para  a  época  do Samaín.É un dos contos do camiño emitidos na TVG: " A BRUXA  REGAÑADENTES"

Xogo sobre o Samaín

Premede na imaxe  e poderedes  facer un  xogo de preguntas  sobre  o Samaín.Canto  sabedes?

Canción de "corre, corre cabaciña"


É  despois  de  escoitar o conto  podedes  cantar  a  canción

Conto de "Corre, corre cabaciña"

Este conto vai dirixido para os mais pequerrechos . É  a historia de como unha  velliña  se salva  grazas  a unha  cabaza.

A castaña galega e o marrón glacé

Neste video podedes  ver unha roportaxe sobre  a  castaña galega , dende  que  cae   ao chan  ata   que  se converte  nun  postre  moi  apreciado en todas partes : o "marron glacé"

Sobre O Samaín

Se queredes  saber máis  sobre o Samaín lede  esta información  que  está na páxina de Vieiros na Escola

viernes, 19 de octubre de 2012

Un Samaín de conxuros : actividade Lim


Clicade na imaxe e poderedes facer a  actividade  Lim sobre o Samaín.

Outra canción "O Samaín"

Escoitade o video da canción  e  se queredes  aprendela  tedes  a  letra  debaixo





Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.


Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
 Bailan, bailan as pantasmas,
   monstros, bruxas e curuxas.
  Bule, bule que aínda é cedo
    e hoxe toca pasar medo

jueves, 18 de octubre de 2012

O magosto : actividade Javaclic

E  agora unha  actividade  de Javaclic sobre o magosto:

Unha webquest sobre O Magosto

Esta  actividade  está dirixida  aos  maiores do colexio .É unha webquest sobre o Magosto

Nova revista "OLLOS DA AULA"




A Coordinadora  Galega  de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística comenzou  a  editar unha nova  revista  dirixida  ás familias. Chámase " OLLO DE  AULA". Se  facedes  clic na imaxe poderedes  descargala en formato pdf.

Canción do Samaín


Caldo de castañas

Probachedes algunha vez o caldo de castañas? Se non é  asi, aquí tedes un video para  aprender  a  facelo.
Disfrutade

Castiñeiros, castañas e magostos

Sabes o que  é unha  Caraboleca?. E unha Bullada?
Se o queres  saber  le a  seguinte información sobre os castiñeiros, as  castañas  e os magostos.

Recollendo castañas e comendo

Aquí vedes  aos larpeiros de Galicia recollendo castañas  e  despois  facendo unha  receta de polo con castañas. Aquí tedes  a  receta por  se o queredes  facer .

miércoles, 17 de octubre de 2012

"A castaña que reventou de risa" : actividade LIM


Unha  actividade  LIM sobre o conto "A  CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"

Cantigas ,poemas e refráns do outono






Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada

Señora María, señor Manuel
Castañas asadas, que saben moi ben
que saben moi ben, que saben moi ben,

Señora María, señor Manuel.
________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.

___________
O carballo bota landras
e o castiñeiro ourizos
para ser muller casada
tes ben pouco xuízo 

________
Canta cuco, canta cuco
na galla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo á carpinteiro
________

Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco

_______
Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo

________
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo

_________
Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro

__________
Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?

__________
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
____________

Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.

____________
Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Acadochas no refaixo.

____________
Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.

____________
Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.

REFRÁNS:
Castañas, noces e viño, fan as delicias doSan Martiño

Polo San Martiño, atesta o viño, deixa a auga
e come castañas e viño

O Samaín : unha actividade LIM


Outra actividade Lim que  se pode facer  en galego ou castelán  e  para  diferentes niveis.
 

Tempo de outono: actividade LIM

Para  aprender mais sobre o outono e os froitos  e alimentos que  temos nesta  época.


A castiñeira: unha actividade LIM

A nosa compañeira  Chelo envíanos un libro LIM de  Ana Martínez Rey  sobre  a  castiñeira pra  realizar  cos  alumnos  e  alumnas .Podedes  elixir o idioma, e facelo tanto en galego coma en castelán. Facede  clic na imaxe.


martes, 16 de octubre de 2012

A vendima na Ribeira Sacra : video


Mira cómo fan  a  vendima na Ribeira Sacra :

Actividade LIM sobre "a vendima"

Pra facer máis  actividades  sobre  a  vendima aquí tedes outra  actividade LIM .

Como se fai a vendima : video

Neste video unha muller cóntanos  como se facía  a vendima .

A vendima

Estamos  en outono, época de castanas  e  de  vendimar . Se queredes  información aquí tedes un traballo que fixeron no CEIP Francisco Xavier da Coruña  sobre  a  RIBEIRA  SACRA   e  a  VENDIMA. Se facedes  clic  na imaxe poderedes  aprender  e  practicar o aprendido  facendo as  actividades  que propoñen.