sábado, 31 de marzo de 2012

Lim Valentín Paz Andrade (1)

 Xa  sabedes que o 17 de maio  celébrase  O DÍA  DAS  LETRAS GALEGAS . Este  ano está  dedicado  a  VALENTÍN PAZ  ANDRADE .Aquí vos deixamos un enlace  sobre un lim  con actividades  sobre  este  día  e  o  autor homenaxeado.
Esta  actividade  foi  feita por Filomena Manzano Laso . Gracias por  facela e  compartila.











Asterix e as doce probas (1)

Asterix , ven coñecido por todos  pola súa lendaria astucia e a valiosa poción máxica do druída Panorámix que lle permite  fuxir das peores dificultades saíndo case sempre vitorioso, xunto co seu encantador compañeiro lambón fixeron as delicias de miles de nenos ( e non tan nenos) ao longo dos anos.
Aqui vos deixamos a  primeria parte  da película "AS  DOCE  PROBAS" .

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza


Este é un conto clásico que lles encanta aos máis pequenos. 


Páxina de Valentín Paz Andrade

Este debuxo ten un enlace que vos permitirá visitar doadamente a páxina de Valentín Paz Andrade, onde podedes encontrar a súa biografía, fotos, anacos da súa obra, as últimas noticias relacionadas co autor..
 

Video Valentín Paz Andrade

Se queredes  saber mái  sobre o Valentín Paz  Andrade aquí vos  deixamos un video que  emitíu  a  TVG  en  no ano 2002   no espazo  “Galegos de Honra”.
O programa está realizado con imaxes do arquivo de TVG en que Paz Andrade, de viva voz, evoca as influencias que recibiu na súa mocidade do intelectual galeguista Alfonso Rodríguez Castelao, e tamén de seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade.
No programa “Galegos de Honra” tamén participa seu fillo, Alfonso Paz-Andrade, que evoca a figura de seu pai.




Actividades Letras Galegas 2012

Aquí tedes  un enlace  coas  actividades preparadas  polo SEMINARIO GALAN sobre VALENTIN  PAZ-ANDRADE, se facedes  click na imaxe podedes  descargalas. Son  actividades    estupendas  coma  sempre. Ademais  das actividades  para facer  en papel tamén elaboraron  actividades  para facer en liña. Gracias  por  este  traballo maravilloso.



jueves, 29 de marzo de 2012

Trabalinguas

Escoita  o trabalinguas  e repiteo  o máis  rápido que poidas .Es capaz  de facelo moi rápido?.Parabens!

Por debaixo da mesa
vai un pito coxo.
Corre pito, corre,
corre, pito coxo.
Corre pito, corre,
corre pito coxo.

miércoles, 28 de marzo de 2012

Shrek

A todos nos gusta  Sherk,  non é  así? Aquí vos deixamos un anaco  da película :