martes, 22 de mayo de 2012

O San Martiño


  Os  alumnos  de  3º B do noso centro  fixeron unha investigación sobre cómo se celebra o SAN  MARTIÑO e queren compartir con nós  o que saben . Parabéns  por un traballo excelente.

 O   SAN  MARTIÑO
É unha tradición  que hai na Galicia  rural e celébrase  o 11 de  Novembro.Indica a chegada  do inverno  e é cando fan  a matanza  do  porco   nas  casas,  sempre  e  cando  a  Lúa  estea en  Cuarto  Minguante.             
O porco é  alimentado  con  verdura, patacas, fariña, millo, cebada, castañas, landras, herba , auga  e  tamén  cos  alimentos  que  sobran  na  casa. Engórdase  ata o  ano  e  medio  e pesan  arredor  de  130  Kg.
A  mellor  carne   é  a  da  femia.
A  persoa  encargada  de  matar  o  porco  chámase  matachín  e  hai  moi  poucos .
A  matanza  é  unha  tarefa  que  hai  que  facer  durante  varios  días  e  mantén  a  división  dos  traballos  segundo  o  sexo : os  homes  suxeitan  ao  animal  e  as  mulleres  elaboran  o  que  precisa  ser    cociñado  e  hai  anos  as  mulleres  comían  separadas  dos  homes  que participaban  na  matanza.
O primeiro  día 

 O matachín mata o porco na porta da casa ou na adega, mentras varios homes terman del. O primeiro paso é o sangrado, que prodúcese facendo un corte cun coitelo longo na gorxa.O sangue é recollido nun barreño e batido sen parar polas mulleres e será empregado para facer as filloas e os chourizos de sangue.
Logo é chamuscado ou escaldado para quitarle os pelos e os pezuños.Despois ráspase a pel cun coitelo e hai zonas onde tamén se lava con auga e outras nas que sálase para eliminar a suciedade.

A continuación , colócase ao porco coas patas para arriba e córtase a pel do ventre.
As mulleres na casa, preparan a mesa para separar as tripas e sacarlle os recortes. Lávase moi ben a graxa e ponse en sal.Coa graxa fanse os chicharróns ou roxóns  e tamén o unto, que é afumado e colgado durante varios días.
Este día cocíñase a figadeira, que é un encebolado de sangue e fígado, que noutros tempos comíanse por separado.Vai acompañada do viño e participan todos os que traballaron na matanza.
Pola noite o cocho queda aberto e pendurado na adega.

O segundo  día 
Tállase  o  porco  poñendo  ao  animal  enriba  dun  banco  e  sepárase   as  carnes  máis  limpas  das  de  sangue.
A carne  pódese  salgar   ou afumar   para  conservala.Deixase  en  en  sal  a  cachucha,espiñazo,os  lacons,os  xamóns o  corazón  os  pulmons  e  o  rabo.
Logo   as  mulleres  preparan  a  zorza(carne  picada   e  adobada  coa  que  farán     os      chourizos).Tamén  pican  cebolas,que  logo  cocen  e  escorrerán  ata  o  día  seguinte.

O terceiro  día

Coa zorza e a cebola cocida o día anterior enchénse os chourizos de sangue ou cebola e despois os de  carne. Enchidos os chourizos remata a matanza.
3ºB

lunes, 14 de mayo de 2012

Letras galegas 2012

Dende  a  Secretaría  xeral de Política  Lingüística  achégannos  este  enlace con moita información  e  actividades  elaborados polos  distintos  centros  para  celebrar os día  das Letra  Galegas e  a  figura de Valentín Paz  Andrade. Facede clic no  debuxo  e  iredes  á  páxina  onde  atoparedes  as  actividades.

lunes, 7 de mayo de 2012

Contacontos en Infantil

O mércores día 25 tivemos un contacontos para Educación Infantil promocionado pola Editorial Anaya. Os nenos e nenas de 3 a 5 anos puideron desfrutar da historia de "A princesa Sabela", unha nena que non quería ser princesa, senon que so buscaba ser unha nena coma o resto e divertirse, aprender, ter amigos, vivir aventuras...